Gran Premio do Canadá de 1980
Nome oficial | XIX Canadian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Canadá |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1980 |
Distancia do evento | 70 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Gilles Villeneuve (Montreal) 45°30′02″N 73°31′21″O / 45.5006, -73.5225 |
Lonxitude | 4,361 km |
País | Canadá |
Data | 28 de setembro de 1980 |
Competición | |
Primeiro posto | Alan Jones |
Pole position | Nelson Piquet |
Volta máis rápida | Didier Pironi |
O Gran Premio do Canadá de 1980 foi unha carreira de Fórmula 1, celebrada no Circuíto Île Notre-Dame, Montreal, Canadá o 28 de setembro de 1980. A carreira, foi a 13ª e penúltima carreira da tempada de 1980, o 19º Gran Premio do Canadá e o terceiro, que se celebrou en Montreal. A carreira disputouse sobre 70 voltas ao circuíto de 4´41 quilómetros de lonxitude para unha distancia total de carreira de 309 quilómetros.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]O piloto australiano Alan Jones, pilotando un Williams FW07B, gañou o seu segundo Gran Premio do Canadá consecutivo, que xunto coa retirada do Brabham BT49 do piloto brasileiro Nelson Piquet debido ao fallo do seu motor Cosworth DFV, permitiulle a Jones asegurar o campionato de pilotos de 1980. Jones converteuse no segundo australiano en lograr o campionato do mundo, un título que gañara por última vez Jack Brabham en 1966. O primeiro Campionato de pilotos para Williams Grand Prix Engineering, engadiuse ao seu primeiro campionato de construtores, logrado dúas semanas antes no Gran Premio de Italia.
A breve reaparición de Vittorio Brambilla, chegara ao seu fin coa retirada do veterano italiano da Fórmula Un. Alfa Romeo o substituíu polo mozo Andrea de Cesaris, que fixo o seu debut nun Gran Premio, como o fixo adolescente neozelandés Mike Thackwell. Thackwell subiu a bordo do terceiro Tyrrell 010 acadando a marca como o piloto máis novo da historia en iniciar un Gran Premio, unha marca que tiña desde había 19 anos o falecido mexicano Ricardo Rodríguez. O rexistro manteríase durante 29 anos ata que rompeuno Jaime Alguersuari en 2009.
Piquet logrou a pole por diante de Jones, usando un coche distinto ao da carreira cunhas especificacións distintas para a cualificación. Na saída Jones intentou pasar a Piquet pero tocáronse,[1][2] desencadeando un choque múltiple en cadea. A colisión involucrou a Jean-Pierre Jarier (Tyrrell 010), Derek Daly (Tyrrell 010), Emerson Fittipaldi (Fittipaldi F8), Keke Rosberg (Fittipaldi F8), Mario Andretti (Lotus 81), Gilles Villeneuve (Ferrari 312T5) e Jochen Mass (Arrows A3). Piquet, Fittipaldi, Villeneuve, Andretti e Mass volveron a saír nos coches de reposto (muletto), no caso de Piquet co coche que usou na cualificación e Rosberg no mesmo coche reparado. Os Tyrrell de Daly e Jarier quedaron inutilizados polo que o terceiro Tyrrell 010 de Thackwell pasou a Jarier e Daly colleu o muletto. Aínda así Daly, non puido reiniciar a carreira. Emerson Fittipaldi tamén cedeu seu coche a Keke Rosberg, preferindo comezar co muletto. Na reanudación, 50 minutos máis tarde, Didier Pironi anticipouse na saída, polo que foi penalizado ao finalizar a carreira, Jones partiu primeiro ata que foi adiantado por Piquet logo de dúas voltas, Piquet era primeiro, seguido por Jones, Pironi, Watson, Reutemann e Laffite, pero na volta 23, Piquet veu esfumarse a esperanza de gañar o título, o motor Ford Cosworth do seu Brabham explotou.[3] Dúas voltas máis tarde Jean-Pierre Jabouille estrelou o seu Renault RE20 fortemente, resultando gravemente ferido nas súas pernas. Jabouille tivo que ser excarcerado do coche.
Jones liderou de novo ata que Pironi logrou pasalo e gañar a carreira, pero Pironi foi sancionado con 60 segundos por saltarse a saída. Finalmente quedou terceiro por detrás de Jones e Reutemann. Alain Prost sería terceiro ou segundo de non ser por un fallo na suspensión que provocou un accidente no seu McLaren M30. Watson adiantou a Reutemann cando este fixo un trompo e terminou cuarto no seu McLaren. O heroe local Villeneuve logrou a quinta posición para Ferrari nun fin de semana triste que viu ao campión do mundo saínte Jody Scheckter incapaz de cualificar o seu Ferrari 312T5. O último punto foi para Héctor Rebaque no seu Brabham BT49 logo de que Jacques Laffite quedase sen combustible no seu Ligier JS11/15 nas últimas voltas.[4]
O primeiro e segundo lugar do campionato decidiríanse no Gran Premio dos Estados Unidos de 1980 aínda por chegar, a terceira praza tamén estaba teoricamente aberta con Laffite oito puntos por detrás de Reutemann. O segundo lugar no campionato de construtores estaba por decidir con Brabham só cinco puntos por detrás de Ligier.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 27 | Alan Jones | Williams-Ford | 70 | 1:46:45.53 | 2 | 9 |
2 | 28 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 70 | +15.54 segs | 5 | 6 |
3 | 25 | Didier Pironi | Ligier-Ford | 70 | +19.07 segs | 3 | 4 |
4 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 70 | +30.98 segs | 7 | 3 |
5 | 2 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 70 | +55.23 segs | 22 | 2 |
6 | 6 | Héctor Rebaque | Brabham-Ford | 69 | +1 volta | 10 | 1 |
7 | 3 | Jean-Pierre Jarier | Tyrrell-Ford | 69 | +1 volta | 15 | |
8 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Ford | 68 | Sen combustible | 9 | |
9 | 21 | Keke Rosberg | Fittipaldi-Ford | 68 | +2 voltas | 6 | |
10 | 12 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 68 | +2 voltas | 17 | |
11 | 30 | Jochen Mass | Arrows-Ford | 67 | +3 voltas | 21 | |
12 | 14 | Jan Lammers | Ensign-Ford | 66 | +4 voltas | 19 | |
Ret | 8 | Alain Prost | McLaren-Ford | 41 | Suspensión | 12 | |
Ret | 16 | René Arnoux | Renault | 39 | Freos | 23 | |
Ret | 15 | Jean-Pierre Jabouille | Renault | 25 | Suspensión/Accidente | 13 | |
Ret | 5 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 23 | Motor | 1 | |
Ret | 11 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 11 | Motor | 18 | |
Ret | 22 | Andrea de Cesaris | Alfa Romeo | 8 | Motor | 8 | |
Ret | 31 | Eddie Cheever | Osella-Ford | 8 | Sistema combustible | 14 | |
Ret | 20 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 8 | Caixa de cambios | 16 | |
Ret | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 7 | Chasis | 4 | |
Ret | 29 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 6 | Accidente | 11 | |
Ret | 4 | Derek Daly | Tyrrell-Ford | 0 | Accidente | 20 | |
Ret | 43 | Mike Thackwell | Tyrrell-Ford | 0 | Coche cedido a Jarier | 24 | |
NSC | 9 | Marc Surer | ATS-Ford | ||||
NSC | 1 | Jody Scheckter | Ferrari | ||||
NSC | 50 | Rupert Keegan | Williams-Ford | ||||
NSC | 51 | Kevin Cogan | Williams-Ford |
Líderes por volta
[editar | editar a fonte]- Alan Jones 49 voltas (1-2 e 24-70)
- Nelson Piquet 21 voltas (3-23)
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os mellores 5 resultados das primeiras 7 carreiras e os 5 mellores resultados das últimas 7 carreiras contan para o campionato de pilotos. Números sen paréntesis son puntos no Campionato; os números entre paréntesis son os puntos totais anotados.
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1980 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1980 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1980 |
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1979 |
Gran Premio do Canadá | Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1981 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://grandprix.com/gpe/rr341.html
- ↑ http://www.youtube.com/watch?v=uDc3DbUISS0
- ↑ Jones, Bruce (1998). "The 1980s". The Complete Encyclopedia of Formula One (First ed.). London: Carlton Books. p. 52. ISBN 1 85868 515 X.
- ↑ "Grand Prix Results: Canadian GP, 1980". GP Encyclopedia. Inside F1, Inc. Consultado o 2012-04-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Canadá de 1980 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |